O alcalde de Portomarín non recorrerá o auto que arquiva a causa contra Martínez

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, anuncia que non recorrerá o auto que arquiva a causa contra o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, relativa a unhas obras realizadas no seu concello cando Martínez era responsable desta área na Deputación.

O rexedor popular sinala que, á espera de consultalo cos seus abogados, non pensa que o caso teña máis percorrido xudicial. Iso si, cre que é unha “animalada xurídica” que o mesmo tribunal que decidiu imputar a Martínez por suposta prevaricación decida agora que non se cometeu ningún tipo de delito.

Non me pide o corpo recorrer, ata aquí cheguei. Eu non imputei ao señor Martínez, imputono o mesmo xulgado que agora di que non existe ningún tipo de delito. Pero se non existe por que o imputou? Isto é unha auténtica animalada xurídica “, sinalou Serrano en declaracións a Lugo Si Radio.

Manuel Martínez fora imputado por un caso de suposta prevaricación na adxudicación dunhas obras en Portomarín cando era responsable deste departamento no ente provincial. Isto provocou que o BNG o vetase como candidato do PSOE a presidir a Deputación de Lugo, ó que favoreceu que a popular Elena Candia ostentase o bastón de mando durante tres meses ata que Martínez accedeu a apoiar unha moción de censura contra ela.

O voceiro dos socialistas na Deputación, Álvaro Santos insistiu hoxe en valorar “moi positivamente” o arquivo da causa contra Martínez aínda que reitera que “nada cambia”, xa que “as diferenzas que hai con el non teñen nada que ver coa situación de imputado ou desimputado, teñen que ver coa súa situación de alianza co PP para dificultar a acción de goberno da Deputación”, salientou.

Para o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, o sobresemento da causa “non vai ter ningunha influencia no actual Goberno do ente provincial”. Veiga cre ademais que o seu partido actuou con coherencia en todo momento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com