O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, solicita o arranxo das fochancas que hai na A-8 ao seu paso polo seu concello, antes de proceder á instalación de novos radares na zona.
“Quero poñer en certa cautela e en certa dúbida este método de estar inflando a autovía A-8 ao seu paso pola Mariña de radares. Os medios de comunicación hoxe relatan que van instalar un novo radar aquí, á altura de Ribadeo, na autovía e contrasta que van facer iso cando na propia autovía hai unha chea de auténticas fochancas”, aclarou o rexedor.
Suárez Barcia relatou que o mal estado do firme se mantén tanto en sentido Coruña como en sentido Oviedo, algo que está a causar que aumente a perigosidade na vía. “Supoño que na transamazónica haberá destas cousas, pero na Europa que vivimos non”, reflexionaba.