O alcalde de Xermade convoca unha manifestación este sábado para esixir á Xunta o arranxo da estrada autonómica LU-170

O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas convocou a todos os veciños da vila, e tamén aos dos concellos afectados polo “deplorable estado” da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán, a manifestarse este sábado día 22, ás 12:30 horas diante da Casa Consistorial, co fin de esixir a Xunta o arranxo deste vial.

Roberto García tildou de “aldraxe e marxinación aos veciños de Xermade o que o Goberno galego está facendo con esta estrada” e lembrou que diversas institucións, como o propio Concello e a Deputación de Lugo xa amosaron o seu compromiso para reclamar o arranxo desta infraestrutura ante a Xunta.

O rexedor, advirte tamén que o ancho da estrada é moi “deficiente e perigoso para o  seu emprego” e lembra que a día de hoxe o polígono industrial esta paralizado porque os transportes especiais non poden acceder ao mesmo.

Por último, o alcalde di que este tramo é o único que queda por arranxar entre Viveiro e Santiago, duns 10 quilómetros, e con estas actuacións beneficiaríanse as 200.000 persoas dos concellos do norte da provincia e da Comarca de Santiago, dende Cervo ao Vicedo, que a empregan a cotío.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com