O alumeado de Nadal xa loce en Lugo

O Concello de Lugo acendeu o  alumeado de Nadal esta tarde, ás 18:00 horas, nun acto no que estivo presente a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez xunto a concelleira de cultura, a edil de Economía e a de Concello e Cidadanía.

O Concello destina 37.500 euros á luz ornamental que adornará as diferentes rúas e prazas da cidade durante o Nadal. Instaláronse máis de 160 arcos e preto de 10 rótulos en Campo Castelo, Rúa San Pedro, Progreso, Xoán Montes, Raíña, Nóreas, Teatro, Clérigos, San Froilán, Amor Meilán, Montevideo, Bolaño Rivadeneira, rúa da Cruz, praza do Campo, rúa Bispo Basulto, Catedral, Miño, Doutor Castro, Conde Pallares, Praza de Santo Domingo, Praza da Soidade, rúa Bispo Aguirre, rúa Nova, Montero Ríos, San Marcos, praza Mártires de Carral, Concepción Arenal, Avenida da Coruña, Camiño Real, Quiroga Ballesteros, avenida de Fontiñas, rúa San Roque, Carril das Flores, confluencia das rúas Carril dos Loureiros e Isaac Díaz Pardo coa rúa Recatelo, rotonda do Parque da Milagrosa, confluencia da Avenida da Coruña e Avenida Paulo Fabio Máximo, Fonte dos Ranchos, confluencia de San Roque e Avenida de Madrid, rúa Adolfo Suárez e Ponte Romana-Calzada. Ademais encheuse de luz do Nadal a Casa Consistorial e a Praza Maior.

Este é o segundo ano consecutivo no que o Concello asume o custe íntegro da iluminación artística, que comezou a instalarse a fin de semana, e que estará prendida todos os días de 18:00 a 22:00 horas, e os festivos e víspera de festivos, de 18:00 a 02:00 horas ata despois de  Reis.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com