O alumnado lucense terá vieiros escolares seguros no vindeiro curso

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas en funcións, Manuel Núñez, anunciou que o Concello de Lugo vén de rematar o proxecto dos vieiros escolares seguros, que xa recibiu as aportacións da comunidade educativa, tanto das diferentes ANPAs como dos centros escolares. Así mesmo, tamén indicou que o  Concello remitiu no día de hoxe un borrador de dito proxecto aos grupos políticos, asociacións de nais e pais e colexios e institutos, para facer as aportacións que den lugar ao documento definitivo do Plan de Vieiros Escolares Seguros, que se implantarán o vindeiro curso.

Dito proxecto plantexa vieiros escolares para todos os colexios do municipio e institutos, posto que van encamiñados a alumnado de primaira e secundaria: CEIP A Ponte, Albeiros, Anexa, As Mercedes, Benigno Quiroga Ballesteros, Casás, Illa Verde, Luis Pimentel, Manuel Mallo Mallo, Menéndez Pelayo, Paradai, Rosalía de Castro, Sagrado Corazón, As Gándaras, CPR A Milagrosa, Cervantes, Divina Pastora – Salesianos, Divino Maestro, Fingoi, Maristas, María Auxiliadora, Padres Franciscanos, San José e Galén. Tamén se crearán camiños seguros para os IES Ánxel Fole, Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Muralla Romana, Sanxiao, Virxe dos Ollos Grandes e Xoán Montes.

Os vieiros escolares seguros son un proxecto que considera o camiño casa-cole como un lugar de aprendizaxe e un espazo ideal para o desenvolvemento das habilidades dos nenos e nenas, a súa autonomía e a súa responsabilidade, así como a súa socialización. Pero ao mesmo tempo este proxecto terá como finalidade a recuperación do dereito da infancia ao disfrute de Lugo.

Os vieiros escolares seguros é unha iniciativa que está destinada a impulsar a recuperación do espazo público como un espazo de relación e convivencia, unha maneira innovadora e participativa de abordar a educación cara a mobilidade, e un itinerario seguro dos nenos e nenas polas rúas de Lugo para desprazarse das súas casas ata o colexio.

O plan de acción dos vieiros escolares seguros consistente en intervir eses camiños ao colexio con accións solidarias, cooperativas e comunitarias. Con este proxecto, Lugo, que forma parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras, acepta o compromiso de impulsar todos os recursos educativos da cidade, en todos os os seus ámbitos. Nesta liña, en meses pasados a entidade local editou e distribuíu máis de 1.800 exemplares dos Bolechas van polos vieiros escolares nos 25 centros escolares públicos, concertados e privados do municipio, así como no Parque Infantil de Tráfico e nas escolas infantís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com