O aparcamento do centro comercial As Terma é o escenario dunha nova quedada con preto de 350 participantes

A policía Local despregou un novo dispositivo específico para vixilancia e control de “Kdda” de vehículos no aparcamento do centro comercial das Termas, durante o que se utilizou un vehículo camuflado, dous indicativos do Grupo Operativo Nocturno e un da Unidade de Atestados, apoiados por dispositivos con cámaras.

Detectouse un número de asistentes aproximado de 350 vehículos; detectando e corrixindo as seguintes infraccións:

1 vehículo que non fora sometido á inspección técnica periódica no prazo regulamentario.

1 vehículo circulando de forma temeraria, constituíndo un grave risco para si mesmo e para o resto de usuarios da vía, en zona con escasa iluminación, abundante tráfico e a calzada mollada pola choiva. A patrulla que levou a cabo a persecución chegou a alcanzar o 134 km/h. Por devandito motivo o condutor é investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor de forma manifestamente temeraria.

3 denuncias por conducir de forma neglixente, dúas delas por realizar derrapaxes na zona de estacionamento, ante un número elevado de asistentes; e outra por derrapar, facendo “buxainas”, nunha glorieta próxima.

Fotografía: imaxe dun control nocturno Policía Local.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com