O Arde Lucus arranca a pesar da ameaza de choiva

O Arde Lucus da o seu pistoletazo de saída un ano máis ante a chegada de milleiros de turistas á cidade e este ano estreando o título de Festa de Interese Turístico Nacional. Os avisos de precipitacións non foron suficiente para frear a propios e extranos que pasean, dende a tarde de hoxe, dentro da Muralla Romana.

Hoxe dan comezo tres días de festa moi especiais para os lucenses; tres días que, hai quen di, chegarán a sustituir aos 10 días de patronais en outubro. Polo menos, en canto a visitantes así o fai dende hai un par de anos. Lugo recupera o seu pasado castrexo-romano con actividades por toda a antiga cidade e para todos os públicos.

Ás catro e media da tarde comezaron as actividades do día de hoxe, coa apertura do Macellum (na Praza Maior) e a posterior apertura tanto da Castra, onde conviven diferentes asociacións castrexas e romanas (carril dos Fornos), ata cada unha das diferentes prazas nas que as asociacións montan os seus campamentos onde recrean a vida da antiga Lugo.

Teatro na rúa, música, circo e deporte son algunhas das actividades que terán lugar hoxe pero, sen dúbida, se hai algo que destaque esta intensa tarde cargada de actividades, será a Entrada das lexións romanas pola Ponte sobre o río Miño (Ponte Romana) onde serán recibidas polos castrexos, ás 8 da tarde. A festa continuará durante todo o día e parte da madrugada, pois as rúas da cidade contarán con animación ata as 2 horas da madrugada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com