O Arde Lucus aspira a converterse nunha das sete mellores festas de toda España

O Arde Lucus aspira a converterse nunha das sete mellores festas de toda España nunha sondaxe realizada pola web www.las7mejores.com.

Trátase dun concurso a nivel nacional no que os usuarios poden votar online pola súa festa preferida dentro dunhas 700 que se celebran en toda España. A esta hora, o arde Lucus atópase en terceira posición, pero o prazo para as votacións estará aberto ata o 31 de decembro.

Dende o concello de Lugo, a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, animaba a todo o mundo a votar polo festexo de recreación histórica, declarado de Interese Turístico Galego e ao que cada ano acoden máis visitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com