Chega o día esperado na Scholae Seminarium Coké II, tras días de intenso traballo. Lugo viaxaba ao pasado esta fin de semana e a escola infantil da avenida de Magoi, non había de ser menos. Pequenos e maiores gozaron dunha gran festa na que a época castrexo-romana que se respiraba nas rúas lucenses, era o leitmotiv principal. Os cokeros, que así chaman na gardería aos máis peques da casa, foron ataviados polo persoal como auténticos de Lucus Augusti con traxes realizados con materiais reciclados.
Risas, xogos e diversión foron a tónica dunha xornada especial, onde os nenos aprenderon sobre as raíces da nosa cidade, como reforzo ao Arde Lucus 2019.