A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegouse este mércores á Casa de Galicia en Madrid, co obxectivo de convidar aos madrileños a revivir a historia de Lvcvs Avgvsti esta fin de semana. Ademais esta edición estrea o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional.
No transcurso do acto, a edil exhibiu as potencialidades do Arde Lucus, que este ano contempla 300 actividades, organizadas entre o Concello e as asociaciós de recreación histórica, dirixidas a todos os públicos, das que 40 son novidosas con respecto a outras edicións. Basadre adiantou algunha delas como unha andaina polo adarve da Muralla ou o torneo de Harpastum, un deporte entre o fútbol e o rugby, estas actividades complementaránse coas que son típicas de cada ano como o Circo Romano, as representacións teatrais e musicais ou o desfile das tropas romanas e tribus castrexas.
“Unha festa da xente para a xente”. Así definiu a Concelleira o Arde Lvcvs na presentación, onde puxo en valor a total implicación da cidadanía, centros educativos e distintos colectivos na cidade. Por último, Basadre fixo un recoñecemento a todas e cada unha das 18 asociacións luguesas, ao tempo que convidou á veciñanza madrileña a que visiten tamén oscampamentos destes colectivos, situadas en distintas prazas e lugares da cidade, onde poderán mercar moedas romanas ou castrexas, así como observar en directo a elaboración de cervexa artesá ou de ceites esenciais, entre outros.