O Arde Lvcvs 2024 consolida a súa proxección internacional

Cunha ocupación hostaleira na cidade dun 100% e cunha participación segundo estima o Concello “superior ás 200.000 persoas”, o Arde Lucus consolidase no seu segundo ano como Festa de Interese Turístico Internacional. Ao longo da celebración repartíronse 3.000 programas da festa en Inglés e 12.000 en castelán, cifras que igualan os 15.000 distribuídos en galego, fito que constata unha crecente afluencia de público procedente de fóra de Galicia. En canto á hostalería o colectivo provincial indicou que a ocupación foi próxima ao 100% o sábado e moi alta nas xornadas do venres, a pesar de ser día laborable, e o domingo, cando a climatoloxía non acompañou.

O Arde Lvcvs medra tamén na esfera dixital, a edición deste ano foi a que máis repercusión alcadou na historia da festa. O número de persoas seguidoras supera esta edición os 50.000, sumando nun total de cinco redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter, TikTok e Youtube) as/os 52.414 usuarias/os, acadando 9.000 seguidores mais con respecto á edición anterior. O alcance total de publicacións supera os 850.000 impactos, o que supón un incremento sobre o ano pasado superior ao 40%. Respecto ás visualizaciones de video e reels, rozouse o millón, cun total 964.968 reproduccións. Ademais, apreciase un incrmento do alcance internacional, xa que os contidos chegaron a países tan diversos como: Portugal, Bolivia, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Costa de Marfil, Reino Unido, Grecia, Nigeria e Andorra, entre outros. 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com