A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, avanzou este martes que os festexos do Arde Lvcvs contarán nesta edición, por primeira vez, con distintas atraccións ecolóxicas infantís realizadas en madeira.
Instalaranse na Praza Horta do Seminario e o seu horario mínimo de apertura é o venres dende as 16:00 horas ás 24:00 horas, e sábado e domingo dende as 11:00 ás 14:00 horas, e de 16:00 a 24:00 horas o sábado, e ata as 21:30 horas o domingo. En concreto, os cativos e cativas que se acheguen a estas festas poderán gozar dun barco romano, cadeiras voadoras con pedais, unha noria ou un carrusel.
No que respecta ao Arde Lucus, o Concello e Orange asinaron un convenio para apoiar con 3.500 euros a celebración destes festexos, que arricarán o vindeiro venres ás 16:00 horas coa apertura de portas da Muralla a cargo da Guardia Pretoriana. En total as festas engloban unhas 300 actividades, 40 delas novas con respecto a edicións anteriores.