O asfaltado da Ronda entre San Roque e Bispo Odoario farase esta noite e a de mañá

Os traballos de pavimentación do tramo da Ronda da Muralla entre San Roque e Bispo Odoario acometeranse ao longo desta noite e durante a de mañá. Aínda que a calzada xa estaba lista para asfaltar dende a semana pasada, houbo que esperar á mellora das condicións meteorolóxicas para acometer estas últimas obras coas que queda rematado o proxecto de mellora da principal arteria de comunicación da cidade.

Esta noite, entre as 21.30 e as 01.00 horas, os operarios procederán á pavimentación dos entronques da Ronda coas rúas adxacentes, para o que quedará sempre alomenos un carril libre de circulación. Na noite do xoves ao venres pavimentarase a Ronda, obras para as que será preciso cortar ao tráfico a totalidade do tramo de San Roque a Bispo Odoario, entre as 21.30 e as 7.00 horas. Os traballos acometeranse e horario nocturno para minimizar as molestias aos conductores e peóns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com