O auditorio de Chantada acolle desde hoxe a colección do artista Manuel Jorge, que recolle obras pintadas entre os anos 2016 e 2017, o que converte esta mostra nunha homenaxe á parella do artista, Cristina Snellman.
No acto, estivo presente a titular de cultura da Deputación así como o alcalde chantandino, Manuel Varela, representantes da asociación Amigos Manuel Jorge, e a comisaria da mostra, Alba Sánchez Vázquez. Paralelamente, o Museo Provincial inaugurou o pasado xoves, a primeira parte desta colección que amosa a obra pictórica o autor, dende 1958 ao 2017, e estará exposta ata o 11 de novembro.
A Deputada lembrou, que “este xoves inauguramos a 1ª parte desta colección no Museo Provincial de Lugo, baixo o titulo Pinceladas de sombra, trazos de luz. Na parte do refectorio, pode verse a etapa máis figurativa do autor, na meirande parte retratos, e obras relacionadas con Galicia. E na sala de exposicións pode contemplarse a obra abstracta do autor. Pinturas que dan conta das súas viaxes, e tamén pode verse o paso dunha abstracción máis delicada e paisaxística e outra mais marcada e detallada. Neste apartado faise máis visible a influencias dos trazos arquitectónicos na súa pintura”.