O autobús electoral do PSOE visita Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro e membros da candidatura socialista ás eleccións municipais, recibiron esta mañá ao autobús electoral do PSOE que comezou en Lugo un percorrido de catro días por cidades e vilas de Galicia.

No acto, José López Orozco amosouse encantado de que o autobús estivera na cidade porque serve para amosar que o PSOE ten outro xeito de facer as cousas. “Aquí en Lugo sabémolo ben; somos o primeiro Concello de Galicia en investimento en persoas, co 18,5%, e a moita diferenza de nós están o resto de concellos galegos e somos dos cinco primeiros concellos de toda España que máis investimos en persoas”. O Alcalde de Lugo engadiu que das 50 capitais de provincia españolas só hai dúas gobernadas por socialistas, Lugo e Soria, e as dúas están entre as cinco primeiras en gasto social.

A cidade de Lugo é a primeira de Galicia que visita o autobús de campaña do PSOE, que vai percorrer 25.000 quilómetros de socialismo por toda España. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, adiantou que a das municipais será unha campaña pé de rúa, dirixida cara a cara á cidadanía,  sinalando que López Orozco “é un expoñente disto porque representou nos anos de Alcalde e en tódalas campañas o que somos os socialistas en política; falando, convencendo, discutindo, dialogando cos cidadáns, que é o que eles esperan de nós”. Tamén se referiu ao orgullo de formar parte dun partido centenario con vocación de futuro e orgulloso das súas siglas, ao contrario doutros que as esconden como o PP.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com