O avogado do exmozo de Tatiana Vázquez pide “unha segunda liña de investigación”

O avogado do principal acusado polo asasinato de Tatiana Vázquez pide “unha segunda liña de investigación”, ao entender que non hai probas concluíntes que sinalen ao seu cliente, Ibrahim Ndiaye como autor do crime.

Así o sinalou o letrado Cesar Lodos esta mañá momentos antes de que o seu defendido volvera declarar ante o xuíz que investiga o asasinato de Tatiana Vázquez, a moza de Castro de Rei que aparecía o pasado mes de abril acoitelada no seu coche, no barrio de SanFiz, en Lugo.

Lodos volveu apuntar que cre na inocencia de Ibrahima, que permanece en prisión provisional desde o pasado mes de abril. A este respecto, o avogado lembrou que aínda permanecen á espera de que a Audiencia Provincial resolva o recurso de apelación presentado no que se pide a excarceración do mozo senegalés.

Ademais do principal sospeitoso do crime esta mañá tamén declararon como testemuñas seis homes de orixe senegalés e dúas persoas próximas á familia de Tatiana. Declaracións que, para o avogado Cesar Lodos, aportaron aspectos “que non son relevantes” e que non incriminan ao seu defendido.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com