O avogado do exmozo de Tatiana Vázquez recorrerá a decisión de mantelo en prisión

O avogado do único acusado polo asasinato de Tatiana Vázquez anuncia que recorrerá a decisión do xulgado número 3 de Lugo de manter en prisión provisional ao seu defentido, Ibrahim Ndiaye.

O mozo senegalés permanece desde hai mes e medio no cárcere como principal sospeitoso polo asasinato de Tatiana Vázquez, que aparecía acoitelada no seu coche estacionado na rúa Montirón, en Lugo. O xuiz instrutor e o Fiscal rexeitan a súa posta en liberdade por entender que existe risco de fuga.

O letrado de Ibrahim, Cesar Lodos non está “conforme coa resolución ditada”. “Entendo que hai outras medidas que se poden adoptar sen manter a unha persoa que debe gozar da presunción de inocencia en prisión. Pódeselle poñer a firmar diariamente, incluso dúas veces, mañá e tarde. Hai moitas medidas que se poden adoptar sen risco ningún para o procedemento”, matiza en declaracións a Xornal de Lugo.

Lodos engade tamén que non ten coñecemento das probas realizadas no marco do crime, agás polo publicado nos medios de comuniación. “Hoxe por hoxe non teño a certeza de que as probas chegasen, e se chegaron cal é o resultado delas. A vista do publicado non sei se a tardanza é polos resultados ou porque segue a causa en segredo de sumario e están en mans do xuíz”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com