O barrio da Garaballa galardoado co segundo premio na IX edición do Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima

O proxecto de planificación dun barrio multiecolóxico na zona da Garaballa, foi galardonado co segundo premio na IX edición do Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP.

Lugo foi o único municipio galego galardoado neste certame, concretamente na categoría “Adaptación ao cambio climático”. “Trátase da segunda ocasión consecutiva na que a Federación Española de Municipios e Provincias recoñece o labor que estamos a levar a cabo no tocante á acción polo clima, especialmente, a través do LIFE, pois xa recibimos o pasado ano o premio de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade pola recuperación do humidal das Gándaras”, segundo destaca o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

O novo galardón acadado polo Concello será entregado durante un acto que terá lugar no marco da Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima que se celebrará en Málaga, o 23 de setembro. A primeira edición do Premio de Boas Prácticas Locais polo Clima celebrouse no ano 2006; desde entón e con carácter bianual convocáronse as sucesivas edicións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com