Durante o Nadal pódese ver na Casa do Concello o Belén do caneiro. O autor deste Nacemento, situado na entrada principal do consistorio, foi o carpinteiro lucense Luís Manuel Santos Dobarro. Con este Belén quérense lembrar os caneiros, que tan importantes foron para o río Miño e para as súas xentes. Todas as construcións e decorados están realizados de forma totalmente artesá, agás as figuras, e, para iso, o seu autor empregou diferentes tipos de raíces, cortizas, madeiras, teas, arxila, palla e herba. Para os decorados exteriores empregouse area, serraduras de carballo, cortizas, pedras, musgo artificial, ou resto de poda, entre outros materiais.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.