Chega o Nadal e con el abre as súas portas o Belén Electrónico de Begonte, que inicia hoxe a súa 48 tempada co pregón de Félix Villares Mouteira, abrindose xunto a el o Museo do Belén. Un feito que, decembro tras decembro, se espera con ansia na provincia.
Con esto, mañá o programa da TVG A Revista dedicará especial atención ao Nadal galego, resaltando entre as principais atraccións o Belén Electrónico. Neste programa participará Xulio Xiz, vicepresidente do Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico.