O ‘Ben Empregado 3, máis social’ recibe máis de 4.500 solicitudes para optar aos postos de traballo ofertados

O Ben Empregado 3, máis social, proxecto de emprego da Deputación de Lugo, recibiu máis de 4.500 solicitudes para optar aos postos de traballo ofertados. Trátanse das peticións realizadas por lucenses desempregados, interesados nos 193 perfís laborais que o organismo provincial oferta en 178 empresas de toda a provincia.

O Ben Empregado 3, máis social está dotado de 2,3 millóns de euros cos que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais para a contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia.

Finalizado o prazo de inscrición nos diferentes rexistros e contabilizadas as solicitudes, técnicos provinciais están a valorar ditas solicitudes. Durante o mes de marzo, publicaranse na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, as listas de admitidos e excluídos e abrirase un prazo de tres días para solucionar posibles requirimentos.

A previsión é que os 193 traballadores inicien a súa nova andaina laboral antes do mes de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com