O benestar animal centra a cuarta xornada de conversas de Vilalba Aberta coa cidadanía

A asemblea de Vilalba Aberta ven de facer público o cartel da que será xa a cuarta cita do seu ciclo de conversas coa veciñanza. A pouco máis de 2 meses da última, coincidente coa véspera da folga feminista e que o pasado 7 de Marzo congregou a un bo número de veciñoss na Taberna A Lareira, esta nova parada das súas denominadas Palestras Abertas xuntará ás 19:30h deste venres e desta volta no Hostal – Restaurante Terra Chá, ao voceiro da Asociación Animalista Libera! e da Plataforma Galicia mellor sen touradas, Rubén Pérez Sueiras; á fundadora da
asociación vilalbesa Os Peludiños, Tamara Cardoso e ao tamén fundador do proxecto  Frente LA Santuario Animal de Vilalba, José Antonio Benito.

Tres novos palestrantes “de excepción” en palabras do edil asembleario Modesto Renda, que non ocultou a súa ledicia pola boa acollida que está a ter a iniciativa e polo interese mostrado por ámbolos tres convidados diante da posibilidade de “conversar e debater coa veciñanza vilalbesa acerca do benestar, a tenza responsable e a correcta integración animal nas contornas rural e urbana”.  Un “necesario debate pendente”, lembrou, “para unha formación de marcado carácter animalista como é Vilalba Aberta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com