Aínda que as enquisas do día 27 de maio amosaban a posibilidade de que Elena Candia obtivera a maioría absoluta que lle posibilitara a alcaldía de Lugo, unha vez comezado o reconto axiña se situou en oito concelleiros o partido socialista e cinco do Bng e xa non se moverían estas cifras ao longo de todo o escrutinio.
Así pois, aínda que Candia sumou cerca de 6.000 votos máis, non foron suficientes para conquistar a alcaldía.
O mesmo ocorreu na Deputación Provincial que escasos cen votos manteñen a socialistas e nacionalistas na Deputación esta nova lexislatura que comeza hoxe.