O BNG-AA advirte da falta de monitores nos cursiños da Piscina das Pedreiras

O voceiro local do BNG-AA, Rubén Arroxo, anunciou esta mañá que  preguntará por escrito ao Concello de Lugo sobre a cobertura de baixas do persoal das empresas que teñen a concesión para impartir cursiños de natación nas piscinas municipais, especialmente na piscina das Pedreiras.

Arroxo sinalou que “non pode ser que en cursiños nos que se atende a nenas e nenos de 4, 5 e 6  anos esté presente un único monitor por que a empresa non cubre as baixas” e afirmou que o goberno municipal ten que controlar o que fan as empresas que traballan baixo contrato co Concello “e máis, en casos nos que está en xogo a seguridade de menores”.

Esta queixa súmase ás recibidas polo BNG-AA relacionadas coa limpeza, o mantemento e a  infrautilización da instalación debido á carencia de socorristas para atender os dous vasos da piscina. Por iso dende o BNG-AA, preguntan ao goberno municipal, polos efectivos de persoal e cómo se distribúen as quendas de traballo para atender a instalación e a demanda de persoas usuarias.“Seguiremos facendo un control sobre a situación destas instalacións e de como se están xestionando por que afecta a un importantísimo número de persoas usuarias” advertiu o voceiro do BNG- AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com