O BNG-AA esixe a Basadre que retire as acusacións feitas onte na súa comparecencia ante o pleno

O BNG- AA esíxelle á edil de Cultura, Carmen Basadre, que retire as acusacións e as insinuacións feitas, contra a xestión do BNG no departamento de Cultura, na comparecencia de onte. A edil nacionalista, Maite Ferreiro anunciou que se Basadre non retira estas acusacións, “pediremos formalmente a súa dimisión”. Maite Ferreiro acusou a Basadre de “non dar ningunha explicación das que se lle pedían”. Ferreiro afirmou que “non se contestou á información e os datos que presentou o BNG, moito máis fidedignos que as vagas explicacións que se están a dar dende o goberno municipal para tratar de tapar un asunto que cada vez colle peor aspecto e que, afirmou Ferreiro, cheira a corrupción”.

O BNG quere saber a onde foron os cartos que se pagaron de máis por eses concertos e que superaron os 20.000 euros e afirman que lles preocupa que a edil continue ao fronte do departamento de cultura. Maite Ferreiro tachou de “feito lamentable” que algunhas das empresas que nomeu na súa comparecencia tiveran que sair a desmentila e a aclarar que algúns dos contratos que a edil de cultura atribuiu ao BNG foron feitos por ela mesma.

Ferreiro asegura que edil de cultura non deu resposta, na comparecencia, sobre os sobrecustos dos concertos, nin sobre a relación entre a contratación e o feito de que se contratasen a través de empresas relacionadas cun responsable de comunicación do PSOE de Ferrol. Ademais a edil de cultura negou que se pagaran 18.150 € polo concerto de Milladoiro, cando toda a documentación existente no concello “fai ver que esto foi así”.

Ferreiro anunciou que pedirán os expedientes de contratación “para ver se é certo que unha empresa editorial fixo, como asegurou onte Basadre, unha declaración xurada de que ten os dereitos de representación dun artista”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com