Maite Ferreiro Maite Ferreiro

O BNG-AA levará ao primeiro consello local de Servizos Sociais a situación de Lamas de Prado

O venres, 11 de marzo, está convocada a primeira xuntanza do consello local de servizos sociais deste mandato. O BNG – Asembleas Abertas, representado pola edil Maite Ferreiro, “reclamará información sobre o grado de execución do plan cuadrienal de actuación comunitaria no distrito de Lamas de Prado” Maite Ferreiro lembrou que “en marzo do pasado ano se aprobou unha moción na que se contemplaba a execución deste plan de intervención comunitaria do que nada sabemos”.

O plan cuadrienal de actuación comunitaria estaba enmarcado dentro dun Plan de Acción Integral para o barrio de Lamas de Prado e Abella que foi aprobado, por unanimidade no pleno da corporación, grazas a unha iniciativa do BNG.

O BNG reclamou en múltiples ocasións a realización de programas específicos de atención a esta zona da cidade, que por ser barreira entre a zona urbana e a non urbanizada da zona da Abella ten características que requiren accións específicas que este concello non desenvolve

Recentemente foron trasladadas ao BNG – Asembleas Abertas queixas dos veciños e veciñas xa que non houbo respostas concretas por parte das distintas concellerías para facerlle fronte ás situacións que se crean no día a día deste barrio da nosa cidade.  Maite Ferreiro referiuse á recente visita da alcaldesa a esta zona da cidade e dixo que “xa que non se fixo nada o ano pasado, os orzamentos de 2016 deberían contemplar partidas para intervir neste barrio, agora que a alcaldesa xa o coñece”.

O barrio acolle a un grande número de residentes con problemáticas sociais específicas derivadas da concentración de vivendas sociais. Para o BNG é necesaria unha actuación decidida para abordar todos os problemas detectados.

Hai que deseñar, dende a Área de Benestar Social, un Plan cuadrienal de actuación comunitaria no distrito de Lamas de Prado dirixido por profesionais do Concello en colaboración coa poboación, comunidades de veciños e asociacións  para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com