A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, trasladará ao goberno municipal unha petición para que se axilice a resolución das denuncias por ruídos de locais nocturnos que non cumpren coa normativa vixente. Ferreiro fixo este anunciou despois de que aparecese publicada no DOG a LEI 2/2017, de 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación. Esta Lei recolle unha modificación da normativa que se incorpora á Lei de emprendemento. No capitulo no que o texto legal detalla as infraccións graves incorpóranse as de incumprimento de horario e isto permite a actuación sancionadora por parte dos concellos a partir do vindeiro 17 de febreiro que entrará en vigor a nova normativa.
Maite Ferreiro lembrou que o Concello de Lugo recibe moitas queixas de veciños e referiuse aos recentes problemas xerados por un local da rúa Castelao, que xa foi pechado, e ás reiteradas queixas veciñais polos locais da rúa Tui e Ramón Cabanillas.
Ferreiro referiuse tamén ao gran número de queixas recibidas por este tema na comisión de queixas e suxestións nos pasados meses e sinalou que “é algo que sigue afectando a moitas persoas e o concello debe de dar solución, agora que conta con ferramentas legais, aos casos que están pendentes de resolver”. O concello viña remitindo as denuncias por incumprimento de horarios á Xunta de Galiza que non actuaba ao non ter competencia sancionadora, como consecuencia ningunha das dúas administracións actuaba e a veciñanza seguía a sufrir o problema Neste mesmo senso a edil Maite Ferreiro lembrou que “o Concello de Lugo ten pendente concluír a redacción e aprobación de varias ordenanzas como a de Contaminación Acústica ou a de Publicidade Exterior”. “