O BNG-AA pedirá que se arranxe a rúa Pousadela

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo anunciou hoxe que requerirá, do goberno municipal, o arranxo a e adecentamento da rúa Pousadela. “Esta rúa é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade” lembrou Arroxo que visitou a rúa e comprobou o mal estado do firme e a existencia de vexetación invasora do espazo da rúa. Moitas persoas utilizan esta rúa para achegarse ao centro da cidade dende a Cheda, tanto en coche como camiñando.

Arroxo lembrou que “a atención aos barrios é un prioridade para o BNG-AA e neste caso a intervención necesaria ten moi baixo custo”.

A rúa Pousadela, segundo o voceiro do BNG-AA, “precisa unicamente dun arranxo das fochancas que a fan practicamente intransitable e dunha limpeza da maleza que invade a vía”. Tendo en conta que a rúa Pousadela ten unha lonxitude duns 200 metros, “trátase dunha obra de baixo custo que redundará, sen dúbida, na calidade de vida das perosas que utilizan a diario” afirmou Arroxo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com