O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladará unha petición ao Concello de Lugo para que se acometa o repintado da sinalización horizontal na rúa Filarmónica Lucense e nos aparcadorios do Pazo Universitario. O deterioro de pasos de peóns, liñas que definen a calzada e as delimitacións das prazas dos aparcadoiros do Pazo Universitario provocan problemas de tráfico nesta zona que é moi utilizada polas persoas que acuden ás instalación deportivas da zona.
Ademais de terse producido o bloqueo de vehículos nos aparcadoiros cando hai eventos deportivos pola falta desta sinalización tamén resulta perigoso para peóns o transito por esta zona. Arroxo lembrou que “moitas persoas, nenos e nenas acuden ás piscinas das Pedreiras, as pistas de atletismo e ao propio Pazo Universitario”. Varios pasos de peóns da zona poñen en perigo ás persoas usuarias das instalacións deportivas da zona sobre todo en horas con chuvia e escasa visibilidade
A falta de mantemento da sinalización horizontal está empezando a provocar problemas de tráfico “e incluso provoca o bloqueo de vehículos no aparcadoiro”. Dende o BNG – AA trasladarase un escrito á alcaldía para que se acometa este repintado dende a administración titular destes viais “entendemos que aínda que a Deputación teña algo que ver, tamén o concello é responsable en temas de tráfico” .