O BNG-AA pide a reposición da marquesiña do Monte Segade en Orbazai

O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, trasladará ao goberno local unha petición para que se repoña a marquesiña que servía de refuxio na estrada de Santiago, nas inmediacións do Monte Segade, na parroquia de Orbazai. Arroxo explicou que “dende que desapareceu a marquesiña o concello non a repuxo e esta parada de autobús é moi utilizada por veciñas e veciños de Orbazai”.

Neste momento a base de formigón na que estaba ancorada a antiga marquesiña está ocupada por un colector do lixo. A petición de reposición deste elemento de mobiliario urbano xa foi presentada no concello pero ata o momento o goberno municipal fixo oídos xordos a esta demanda veciñal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com