O BNG – AA preguntará polo peche dos aparcadoiros públicos das prazas de Ferrol e Constitución durante a noite.

Os nacionalistas trasladarán esta cuestión á comisión de queixas e suxestións do concello de Lugo. Maite Ferreiro informou que “existe un informe da policía local que detalla que se fixeron varias inspeccións a diversas horas da noite e os aparcadoiros permanecen pechados a pesares de que hai cartelería que informa de que están abertos as 24 horas os 365 días do ano”. Os aparcadoiros públicos soterrados son unha concesión pública do concello de Lugo e o concello “ten que velar polo cumprimento da lexislación”. A edil do BNG – AA , sinalou que “este informe da policía local ven confirmar varias queixas recibidas neste grupo municipal e o traballo de seguimento que os edís nacionalistas levaban facendo durante un tempo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com