O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, presentou unha proposta para crear 3 aparcadoiros disuasorios públicos na contorna da Ronda para “abrilos antes de febreiro”, Arroxo explicou que os tres espazos que se poderían destinar a aparcadoiros disuasorios están a caron da Rolda da Muralla. Un deles estaría na rúa Castelao, onde existe un predio cunhas superficie similar, ou superior, á do actual parking de Ánxel Fole. Outro dos espazos proposto por Arroxo é outro que xa se utilizou como aparcadoiro nas inmediacións da rotonda que une as rúas Monforte, Paradai d´Arriba e río Sil. Ademais, o voceiro do BNG-AA tamén sinalou como posibilidade os solares existente na rúa Poeta Noriega Varela na confluencia coa Rolda.
Rubén Arroxo explicou que se trataría “dunha solución rápida e transitoria para dar unha solución real ao problema que se vai xerar no mes de febreiro cando se peche o aparcadoiro da rúa Ánxel Fole” e insistiu en que “o goberno municipal tería que poñerse a traballar e chegar a acordos coas propietarios destes ou outros espazos para dar unha solución real a un problema real que vai xurdir”. Rubén Arroxo dixo que “levamos tempo aportando solucións posibles para a mobilidade nesta cidade e seguimos dando solucións”.