O BNG-AA propón a creación da Escola Municipal de Teatro no Antigo Cárcere

A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, propuxo esta mañá que de cara a este ano 2017 se empece a traballar na posta en marcha dunha Escola Municipal de Teatro.

Esta proposta xa figuraba no programa de goberno co que o BNG-AA se presentou ás eleccións municipais. Maite Ferreiro destacou o incremento da actividade vencellada ao teatro no concello de Lugo e destacou a implicación e traballo de todos os colectivos e persoas que traballan neste eido.

Maite Ferreiro explicou que “para a creación da Escola Municipal de Teatro fan falta unha partida orzamentaria, un espazo e vontade política e engadiu  que “Lugo conta con experiencia e coñecemento grazas a toda a xente que leva moitos anos entregada ao mundo do teatro e que saben que colaborarán co concello para que a Escola Municipal de Teatro sexa unha realidade”. Ferreiro advertiu tamén de que o goberno terá que falar con todas as persoas e colectivos que se adican ao teatro para deseñar esta Escola que debe ser referente.

A respecto do espazo para albergar a Escola Municipal de Teatro, Ferreiro lembrou que “Lugo contará, en breve, con dous novos edificios para os que o goberno municipal aínda non ten usos previstos”.

O edificio do Cárcere sería un dos lugares idóneos,afirmou o BNG, para a nova Escola Municipal de Teatro segundo explicou a edil que resaltou que “tamén podería estar no novo auditorio ou, incluso, no Gustavo Freire”. Maite Ferreiro sinalou que Lugo xa conta con centros públicos para o ensino da danza, de música e artes plásticas pero carece dun centro público de formación nas artes escénicas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com