O BNG proporá que o concello faga as xestións necesarias para crear varias prazas de aparcamento na rúa Xenebro, entre a avenida da Coruña e a Igrexa de Albeiros. “Trátase dunha zona colapsada e con dificultades para atopar espazos de aparcamento pola cantidade de vivendas, comercio e hostalería ademais de estar próxima a un nudo de vías de comunicación con gran intensidade de tráfico”, explicou o voceiro da agrupación, Rubén Arroxo. Neste momento a anchura de beirarrúa, tal e como quedou, é duns 6 metros aproximadamente, mentres que o ancho da calzada por onde circulan os vehículos é de apenas 5 metros.
Mentres non se faga o desdobramento previsto para rúa Xenebro, poderiase actuar para incrementar o número de prazas de aparcamento da zona. “Propoñemos que o concello estudie cales son as posibilidades de converter este espazo en zona de aparcamento por que entendemos que a superficie pode acoller unha beirarrúa de suficiente anchura para o tránsito de persoas e varias prazas de aparcamento” puntualizou o voceiro do BNG e engadiu “dende o BNG seguimos traballando no barrios e atendendo as preocupacións das veciñas e veciños para que Lugo funcione”.
Neste momento a rúa Xenebro, no tramo máis próximo a avenida da Coruña, ten anchura suficiente para a beirarrúa e varias prazas de aparcamento. A proposta do BNG sería de estudar a posibilidade de crear unhas 20 prazas de aparcamento en batería repartindo os 6 metros actuais que ocupa a planchada de formigón. Podería crearse un beirarrúa de entre 1,5 m e 2 m de ancho e os aparcamentos en batería duns 4,50 m x 2,20 m de ancho “trátase dunha estimación, evidentemente deben ser os servizos técnicos municipais quenes fagan este cálculo” afirmou Arroxo.