O BNG-AA propón unha tarifa galega para reducir nun 30 % a factura eléctrica

O BNG – AA iniciou unha serie de xuntanzas polos barrios da cidade para explicar a súa proposta sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega. Na primeira das xuntanzas, na zona norte da cidade, Rubén Arroxo sinalou que “somos un país produtor e pagamos o mesmo que no resto do estado a pesar de sufrir todos os perxuízos que supón a produción eléctrica”.

Ademáis do voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, tamén interveu no acto o profesor de economía da USC, Bernardo Valdés. Neste acto organizado, polo BNG-AA, abordouse a perda de recursos que supón para Galiza o actual sistema de comercialización da enerxía eléctrica e como se poderían reinvestir os beneficios producidos.

Rubén Arroxo explicou que cando pagamos a factura eléctrica estamos a pagar outros conceptos que nada teñen que ver co pago da electricidade. Así os galegos e galegas pagamos, por exemplo, peaxes de transporte, como é o caso dos custos extrapeninsulares que, no ano 2017, será 740 millóns de euros, segundo indica a agrupación; e ademais pagaranse 2.838 millóns de euros para amortizar a débeda xenerada polo déficit da tarifa, cantidade pagada vía tarifas eléctricas.

En palabras de Arroxo, tamén se incluen no pago das facturas eléctricas: custos extrapeninsulares, primas de capacidade, primas carbón español, moratoria nuclear, primas renovábeis, etc., “partidas que debería estar nos orzamentos do Estado español. Sería máis xusto fiscalmente e rebaixarían o prezo final da tarifa eléctrica”-

Arroxo sinalou que “os continuos incrementos do prezo por parte das grandes eléctricas teñen que levarnos a buscar formas diferentes de abastecemento e, no actual escenario, entendemos que hai que apostar por unha tarifa eléctrica galega xa que somos un país produtor“. Ademáis do que repercute a factura eléctrica sobre toda a veciñanza de Lugo, nos últimos apagóns, moitas casas do rural do noso concello víronse afectadas polos apagóns e pola falta de resposta dende as empresas subministradoras.

O BNG-AA aposta por unha tarifa eléctrica galega. No Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galiza ao tratar por igual aos consumidores dos distintos territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores. Arroxo dixo que “é relevante o prezo da electricidade no mercado maiorista (ou pool), que retribúe do mesmo xeito -sempre ao prezo da máis cara-, a todas as tecnoloxías de xeración que funcionan en cada hora do día, sen distinguir os custos reais de produción, o que provoca uns hiperbeneficios para determinados sistemas, en concreto a hidráulica e a nuclear, o que provoca unha suba artificial dos prezos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com