O BNG-AA proporá unha modificación parcial da RPT para garantir a pervivencia da Escola Municipal de Música

O voceiro do BNG – AA, Rubén Arroxo anunciou esta mañá que o seu partido trasladará á comisión de Persoal do Concello de Lugo unha proposta para que o Goberno Municipal acometa unha modificación parcial da Relación de Postos de Traballo que sirva para garantir a pervivencia da Escola Municipal de Música.

O voceiro do BNG-AA explicou que “é o camiño máis seguro e curto para evitar unha posible desaparición da Escola” e advertiu que “o pasado mes xa estivo a piques de paralizarse o pago das nóminas a todo o persoal do concello debido aos reparos de legalidade derivados da sentencia xudicial ditada contra o feito de que os músicos da Banda pasaran de media a xornada completa”.

Para o BNG-AA o Goberno Municipal debe dar pasos no sentido, manifestado por todos os grupos políticos da corporación, de garantir a continuidade da Escola Municipal de Música e por iso “non se pode agardar, afirma Rubén Arroxo, sen facer nada e asegurou que o intento de crear unha nova RPT non da solución a este colectivo”. Rubén Arroxo concretou que “o seu grupo levará esta proposta á Comisión de Persoal para avanzar nunha solución factible, rápida e eficaz que garanta a continuidade da Escola de Música.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com