O BNG-AA reclama que se arranxen as infraestruturas do paseo do Miño e Rato

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, volveu hoxe a denunciar o mal estado de algunhas das estruturas de madeira situadas no paseo do Miño e do río Rato. Arroxo dixo que “ademais de facer o mantemento necesario nos camiños e no seu entorno hai que acometer o arranxo das estruturas de madeira”. Rubén Arroxo sinalou que, nalgúns casos, haberá que substituír algunhas destas infraestruturas xa que, ou ben desapareceron ou, o seu estado non permite o arranxo.

No mes de abril o BNG-AA xa presentara un escrito solicitando o amaño das pasarelas danadas. “Se ben é certo que en algunhas interviuse hai outras que continúan inservibles” dixo Arroxo e engadiu que “non entendemos por que non se fai unha actuación periódica de mantemento que sirva para que este espazo se poida utilizar na súa totalidade”.

Rubén Arroxo dixo que “estamos en agosto e incrementouse o número de persoas usuarias destes espazos de lecer e débense poñer a punto as infraestruturas que se estragaron”. “Hai pontes que despareceron coas cheas do río e que deixaron camiños incomunicados, noutros casos trátase de arranxos máis simples” informou o edil nacionalista.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com