O BNG aposta polo “establecemento de protocolos para desatascar a burocracia municipal

O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, avanzou que un dos puntos do seu programa, recollerá propostas encamiñadas a “establecer protocolos para desatascar a burocracia municipal”.

Arroxo sinalou que “non pode ser que unha licenza de obra menor ou para poñer unha estada, se demore máis de seis meses, ou que as subvencións sexan concedidas a finais de ano e fora de prazo.

Asemade dixo que “todos os retrasos e demoras se producen “pola desidia e falta de preocupación do goberno municipal e dos concelleiros delegados que non teñen entre as súas prioridades axilizar o trámite burocrático”. Estas prácticas serven unicamente para fomentar o caciqueo e facilitar as prácticas do amiguismo con rédito electoral”. “Temos claro que nin PP, nin PSOE van a apostar por medidas deste tipo porque a súa política consiste en anunciar grandes obras e non en solucionar as pequenas cousas que poden facer que Lugo funcione”” afirmou.

O candidato do BNG-Asambleas Abertas anunciou que se creará un departamento de “atención ás persoas”, dependente da alcaldía, “e quen teña atascados expedentes no concello poderá acudir alí para que se lle de unha solución e explicacións concretas do motivo da paralización “é cuestión de vontade””.

O candidato nacionalista afirmou que ““non é normal que cando unha persoa solicita algo do Concello se lle pidan certificados e papeis que lle teñen que dar no propio concello ou noutras administracións”, concluíu.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com