O BNG aposta polo produto galego e o comercio local

O BNG-Asembleas Abertas presentou onte, no entorno do mercado municipal de Quiroga Ballesteros, unha campaña de apoio ao comercio local e ao consumo de produtos galegos, onde estiveron presentes ademais do portavoz municipal, a concelleira Maite Ferreiro, a deputada no Parlamento Galego Olalla Rodil, e o deputado provincial Xosé Ferreiro. Rubén Arroxo dixo que “se trata de animar a consumir produtos galegos e a facelo no comercio de proximidade, un sector básico da nosa economía” . O voceiro municipal do BNG sinalou que “apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza, de humanizar as cidades e impedir a desertización dos nosos cascos históricos”. Arroxo afirmou que “comprando produtos galegos, non só asentamos postos de traballo no país, senón que tamén reducimos importantes custos en transportes, apostando así por un modelo máis ecolóxico” .

Arroxo reivindicou para estes días de festas “a artesanía, a música, os libros, a cultura, unha importante cantidade de produtos que creamos directamente”. Dende o BNG defendeuse “a necesidade de prestixiar os nosos produtos primarios e unha aposta porque os poderes públicos faciliten a súa comercialización en circuítos curtos para garantir o máximo beneficio ás persoas produtoras e que a actividade agrícola, a súa transformación e comercialización sexa un elemento de creación de emprego e de dinamización económica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com