O BNG aposta por “un marco de relacións laborais para combater a precariedade laboral”

En representación do BNG, Maite Ferreiro e Rubén Arroxo, mantiveron unha xuntanza con representantes de forzas sindicais para “poder achegar as necesidades das traballadoras e traballadores ás institucións onde se toman as decisións que lles afectan directamente”. Pola súa banda, Maite Ferreiro afirmou “é preciso a derogación das dúas reformas laborais aprobadas polo PSOE e o PP” ao tempo que defendeu “a creación dun marco de relacións laborais galego que permita crear condicións de traballo dignas.”

Ferreiro lembrou que o “paro e a precariedade laboral” son dúas das cuestións que “máis preocupan” á sociedade. “Non pode ser que Galiza manteña os salarios máis baixos de todo o estado” e que “nos últimos anos os contratos asinados estexan marcados pola temporalidade e a parcialidade” o que torna “estar explotada case nun privilexio”.

Ademais, a nacionalista defendeu a creación dun novo sistema de protección do desemprego que asegure a prestación a todas as persoas sen un posto de traballo. “Hai que ter en conta que moitas das persoas desempregadas non contan con ningunha prestación na actualidade”. Para o BNG é preciso “apostar nos sectores produtivos galegos para poder crear traballo” e para iso, subliñou, “precisamos capacidade de decisión real sobre eles”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com