O BNG aposta por un regulamento de consenso e rexeita o proposto polo PP na Deputación

Mañá luns, 27 de marzo, celebrarase, a petición do Partido Popular, un pleno extraordinario para debater unha nova proposta de Regulamento para a Deputación de Lugo. A proposto do novo Regulamento presentada polo PP será debatida e para que saia adiante terá que contar co apoio da maioría da corporación provincial. O voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, anunciou o seu total rexeitamento á proposta do PP dados os cambios que suporía á hora da toma de decisións na entidade provincial.

 O BNG aposta por un regulamento de consenso e rexeita o intento de imposición do PP na Deputación. Ferreiro asegurou que “quizais teñamos que empezar de cero a redacción do novo regulamento en entendemos que se debe facer entre os tres grupos” e explicou “poderiamos tratar de emendar a proposta do PP, pero son tantos e de tanto calado os cambios introducidos que é practicamente imposible”. O voceiro do BNG manifestou a súa total disposición a dialogar e negociar cos outros dous grupos para chegar a un consenso do que saía un Regulamento válido para os vindeiros anos e bo para Lugo e os seus habitantes. Os deputados lembraron que o Regulamento vixente “foi elaborado, non aprobado, por que todos os grupos fomos facendo aportacións que se reflectiron no documento final”. O BNG “en ningún caso vai apoiar a proposta que o  Partido Popular levará ao Pleno extraordinario”, Remataron.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com