O BNG – Asambleas Abertas, representado polo portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, o candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, e o parlamentario, Cosme Pombo manifestou o apoio á mobilización convocada para reclamar servizos para o HULA. Xavier Vence lembrou que o BNG sempre reclamou as dotacións necesarias para o HULA e sinalou que “é de xustiza que Lugo conte con estes servizos por que neste momento o PP ten discriminados aos veciños e veciñas de Lugo”.
Pola súa banda Rubén Arroxo anunciou a súa presenza na manifestación que encherá as rúas de Lugo o vindeiro xoves 21 de maio e dixo que “a candidatura que encabezo apoia sen reservas esta reclamación que protagonizará a veciñanza de Lugo”. Ademais o candidato á alcaldía dixo que practicamente a totalidade da candidatura do BNG – Asambleas Abertas estará presente nesta manifestación por que “estamos coas persoas e defendemos, dende sempre, unha sanidade pública e igualitaria”.
Arroxo afirmou que “non se trata dun tema orzamentario, esto é unha cuestión ideolóxica do partido popular que traballa para privatizar a sanidade e quere castigar a Lugo por que aquí non teñen os gobernos que desexan na Deputación e no Concello”.