O BNG asegura que creará oito canchas ao aire libre, se sae elixido nas eleccións

O candidato á alcaldía do concello de Lugo polo BNG, Rubén Arroxo anunciou a creación de oito canchas deportivas ao aire libre en canto goberne. O candidato á alcaldía indicou  que “un exemplo pode ser a praza de Augas Férreas, onde se poden instalar porterías e canastras, valando a zona para non molestar ao resto dos veciños”. Segundo Arroxo, “actualmente non existen na cidade instalacións deste tipo para a mocidade, tendo como única alternativa os patios dos institutos, mais para usalos deben saltar os muros, co risco que iso implica”.

Para Arroxo, “no casco histórico, desde a retirada das canastras en Campo Castelo, non existe unha zona na que a mocidade poida practicar deporte”. Por isto, indicou Arroxo “outra zona na que instalar unha cancha podería ser a traseira do cuartel de San Fernando”. Rubén Arroxo indicou “é unha maneira de fomentar o deporte” e engadiu “na cidade hai moitos barrios que non teñen ningunha instalación deportiva”

Apertura de pistas escolares

Dende a formación nacionalista, impulsouse unha campaña durante este mandato para solicitar a apertura das pistas deportivas dos centros de ensino da cidade, proposta que foi aprobada por unanimidade no pleno municipal. Segundo Arroxo, “non se trata de que os recintos permanezan abertos sen control , trátase de facer unha boa xestión das instalacións públicas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com