O BNG – Asembleas Abertas absterase na votación da proposta de orzamentos

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo explicou hoxe en rolda de prensa que, a forza que representa, “absterase na votación da proposta de orzamentos que se tratará no vindeiro pleno do concello de Lugo”.

Rubén Arroxo sinalou que “este goberno non nos da a confianza suficiente para aprobarlle os orzamentos porque xa vivimos os incumprimentos do acordo de investidura”, e  explicou que “dada a situación na que nos atopamos agora mesmo, entendemos que dende o BNG-AA non podemos volver dar outro cheque en branco a un goberno que non está a cumprir coas necesidades das veciñas e veciños de Lugo, un goberno que non está a cumprir cos acordos que está a ter co resto de grupos da oposición”. Por todo isto, Arroxo declarou que no Pleno de maña “o BNG vaise abster, non vai permitir que Lugo quede sen orzamentos, pero tampouco imos ser cómplices de algo que entendemos difícil que se vaia executar”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com