O BNG – Asembleas Abertas reclamou que se active un sistema para que se poida utilizar a tarxeta cidadá como medio de pago nos aparcadoiros soterrados que son de titularidade municipal. Arroxo citou o que na propia web do concello se explica como utilidades da tarxeta cidadá e literalmente explícita que “progresivamente, o dispositivo gañará versatilidade e sumará novas utilidades”. “Queremos que esta tarxeta sexa útil para as persoas e que se incrementen as posibilidades de uso da mesma” afirmou o voceiro do BNG – Asembleas Abertas.
Arroxo lamentou que cinco anos despois da posta en marcha deste dispositivo a única utilidade práctica sexa o pago do servizo público de transporte “agora xa non ten uso no servizo da ORA e para poucas cousas máis se puido utilizar”. Para o BNG – Asembleas Abertas hai unha serie de cuestións que poden mellorarse para facer que Lugo funcione e que non teñen máis custo para as arcas municipais. O aparcadoiros soterrados, a pesares de que están xestionados por unha empresa privada, son de titularidade municipal.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.