O BNG – Asembleas Abertas pide un maior coidado dos contedores da zona rural

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, reclamoulle ao goberno municipal que realice un maior control do traballo executado pola empresa adxudicataria do servizo de limpeza e recollida do lixo. Arroxo denunciou que estado de conservación dos contedores da zona rural e dixo que “a xente que vive no rural merece o mesmo trato que quen vive na cidade e a imaxe do noso rural tamén forma parte do coidado medioambiental que debe promover o concello”.

Arroxo incidiu na necesidade que, dende o concello, se controle o traballo da empresa adxudicataria e se lle esixa o cumprimento do prego de condicións.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas lembrou que a empresa Urbaser recibe do concello máis de 6 millóns de euros por este servizo e “non pode ser que os contedores se atopen nun total estado de abandono como comprabamos nalgunha parroquia da zona rural”.

“O estado dos contedores vai acorde co estado dalgunhas das pistas que atopamos nas nosas parroquias” dixo Rubén Arroxo e engadiu que “vivir no rural non pode significar ter peores servizos e dende todas as administracións, tamén dende o concello, temos que dar todas as facilidades ás persoas que apostan por facer vida nas parroquias”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com