O BNG considera insuficientes as medidas no sector agrogandeiro

Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza telemática con representantes e produtores do sector agrogandeiro das comarcas e terras de Lugo. A finalidade deste encontro é ter información de primeira man, na que persoas provenientes do sector partillen impresiónse experiencias para formular unha análise da situación que están a vivir nesta crise producida polo COVID-19.

Desde o BNG, dixo a deputada, “compartimos as preocupacións co sector agrogandeiro, como a baixada de prezos que están a sufrir en orixe, a baixada de produción por parte da canle HORECA (hostalería e restauración) e a súa recolocación no mercado como tamén a falta de medidas concretas que respondan a realidade do noso país supoñen un chanzo máis nos efectos desta crise”.

A organización frontista insta á Xunta de Galiza a que “deseñe e aprobe medidas específicas para compensar a caída dos prezos como tamén a promoción e impulso dos mercados de proximidade coa súa reapertura garantindo as medidas de seguridade”.

Rodil declarou “as medidas que impulsou o Ministerio de Agricultura son claramente insuficientes e inxustas coas explotacións galegas, non teñen para nada en conta a realidade, as especificidades do sector agrogandeiro galego”. Tamén denunciou que a “ Xunta de Galiza non está a despregar toda axuda, todas as medidas que podería e debería levar adiante o goberno galego para compensar a paliar esa caída dos prezos en orixe das explotacións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com