O BNG convoca unha concentración pola sentenza do Tribunal Supremo en relación ás hipotecas

O BNG convoca concentracións nas sete grandes cidades de Galicia para este xoves 8 de novembro e insta ao conxunto da cidadanía a saír á rúa para mostrar o rexeitamento contra a decisión do Tribunal Supremo que, nun xiro esperpéntico, muda de criterio posicionándose a favor da banca e en contra das persoas, cargando sobre elas os gastos xurídicos de formalización da hipoteca. En Lugo a concentración realizarase na praza Maior (diante do Concello) ás 20:00 horas. 

A formación nacionalista aposta por unha mobilización masiva contra “esta falcatruada xurídica sen precedentes” en contra da maioría social, que evidencia a “baixa calidade democrática do Estado español e ata que punto a xustiza está supeditada ao poder do capital, verdadeiro poder que xa nin se molesta en disimular a súa capacidade de torcer sentenzas xurídicas ao máis alto nivel”, opinan os nacionalistas. 

O BNG lembra outras estafas bancarias recentes, como a das preferentes e subordinadas, que motivou unha mobilización social exemplar, contundente e constante por parte da sociedade galega, logrando a recuperación da maior parte do diñeiro estafado. Por iso, a formación nacionalista insta a responder na rúa con contundencia a decisión do Tribunal Supremo a favor da banca e en contra das persoas hipotecadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com