O voceiro do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, criticou ao PSOE na xestión das obras da Fábrica da Luz. Arroxo sinalou que a concesión da explotación da Fábrica da Luz somentes lle vai reportar ao concello de Lugo uns ingresos anuais de 5.400 € e explicou que “estes cartos non serán pagados se non que a empresa compensaría ao concello con traballos de limpeza e o subministro eléctrico a 8 farolas”.
O BNG – Asembleas Abertas ofreceuse a pagar eses 5.400 € anuais e a promover unha campaña entre os lucenses para recadar esa cantidade para que o goberno municipal paralice a concesión e as obras que se están a executar. Arroxo dixo que “por 5.400 € anuais non se vende o río Miño, se iso é o que custa a concesión, adiantaremos os cartos e recadaremos entre os lucenses esta cantidade”.
Arroxo lembrou a instalación dunha gasolineira a menos de 60 metros do cauce do río e “agora estanse acometendo unhas obras que producen un tremendo impacto ambiental no cauce do río e nas súa beiras” afirmou.