A edil do BNG no concello de Lugo, criticou que o goberno municipal “unha vez máis” ignore os mandatos do Pleno e se dedique a facer obras “inútiles” cos cartos públicos. Maite Ferreiro lembrou que en xullo de 2016 a corporación aprobou, por unanimidade no Pleno, a proposta para a creación dunha zona de xogo dentro de murallas e o BNG reiterou en novembro de 2016 a oportunidade de crear esta zona de xogo aproveitando o derribo do muro e lavandería do edificio do cuartel.
“Incluso o propio PSOE votou a favor da creación dunha zona de xogo infantil, cando o BNG o propuxo no pleno” sinalou Maite Ferreiro e engadiu “e agora vemos como executan unha obra en contra do seu propio parecer, gastando 6.000 euros e sen dar solución a unha demanda veciñal evidente”. “No centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos” afirmou Ferreiro e explicou que “as poucas instalacións que hai son insuficientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.
Lugo conta con dúas zonas de xogos infantís dentro do recinto amurallado, unha delas, a do Campo Castelo, está totalmente saturada e a do Cantiño atópase nunha zona de pouco tránsito. Destacadas asociacións empresariais do casco histórico e veciñais teñen demandado e plantexado a creación dunha zona de xogo nesta zona da cidade.
Unha obra “provisional”
A edila referiuse ao proxecto encargado polo goberno municipal para o acondicionamento da zona, no que xa se explícita literalmente que “se opta por una solución sencilla que permita un uso provisional de la misma hasta su uso y diseño definitivo”. Para o BNG “resulta insultante que se gasten 6.000 € nunha obra provisional e se ignore a decisión do pleno”. Ferreiro explicou que o acordo plenario data de xullo de 2016 e o proxecto foi rematado en agosto de 2017 “co cal se debería ter incluído a decisión plenaria por que tempo sobraba”.
Lugo Monumental